jueves, 25 de noviembre de 2010

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NAS PARROQUIAS DE A BAÑA

O pasado martes tiven a oportunidade de acompañar a animadora sociocultural, Luciana, no seu percorido polas parroquias. A primeira parada foi na parroquia de San Cibrán, onde as veciñas experimentaron o seu primeiro contacto coa pandeireta, foi impresionante como nunha hora xa comezaba a ter maña, a verdade e que a mestra é fantástica, fíxolles unha pequena interpretación dunha cantiga popular e foi alucinante como toca e que voz máis fermosa! A seguinte parada foi en Marcelle onde lles tocaba tamén as súa primeira clase de pandeireta e o seu taller de memoria, foi tamén un encontro moi productivo e gratificante. Finalmente tocou visitar ó Barro, alí Luciana lle ensinou a elaborar uns pendentes moi apropiados para á época na que estamos que toca agasallar.

O resto de días Luciana percorre outras parroquias como Barcala, San Mamede...xa que a xente mostrou o seu interese polas actividades ofertadas.
Na maioría das parroquias tamén están a recibir clases de ximnasia unha vez por semana, co cal isto supón unha gran oportunidade para o noso rural tan disperso.
Foi unha tarde moi gratificante para min poder estar en contacto coa nosa veciñanza que ten tanto que aportar e sobre todo gustaríame facer una acto de chamamento para todas aquelas persoas participantes para que se animen a seguir formando parte das mesmas e as que áinda non o fixeron decirlles que supón unha gran oportunidade para recuperar a relación coa veciñanza, recuperar a autoestima e a ilusión por facer cousas, xa que a mellor maneira de sentirnos ben é formando parte do noso entorno, participemos!

Rebeca Lueiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario