jueves, 18 de noviembre de 2010

PRESENTACIÓN DO BANCO DE TEMPO

 


BANCO DE TEMPO DO CONCELLO DE A BAÑA

  

 Obxectivos

O Banco de tempo municipal establécese coa finalidade de facilitarlles ás persoas empadroadas no Concello de A Baña a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral, a través do intercambio de servizos e/ou coñecementos de cada usuario.

       Contexto

O Concello de A Baña é un municipio rural, cunha alta porcentaxe de poboación maior, que durante a súa vida xa viviu unha organización laboral similar ós Bancos de tempo, posto que se axudaban mutuamente nas labores agrogandeiras, uns traballos a cambio doutros.
O que se pretende é potenciar este sentimento de utilidade dos maiores, que son quizais as persoas que máis coñecementos poidan aportar no referente ás actividades prestadas a través dos Bancos de Tempo. Ademais, tamén hai unha grande cantidade de amas de casa, ou persoas desempregadas, que dispoñen de tempo libre que poden ocupar axudando a outra xente, ou aprendendo o que outros lles poidan ensinar.

Cóntase coa colaboración e coordinación das distintas asociación rurais e de mulleres existentes no municipio para o desenvolvemento das distintas actividades

Como funciona?

Partirase dunha serie de actividades base, e iranse incorporando outras segundo vaian sendo demandadas ou ofertadas polo persoal usuario. Cada persoa usuaria disporá dun saldo inicial ofertado polo concello de dúas horas, e a partir de aí segundo vas vaia gastando ou facendo, irá acumulando horas.


Actividades

  • Clases de informática e Internet
  • Utilización de móbiles, vídeo, DVD, tdt.
  • Pasar traballos a ordenador.
  • Apoio en materias escolares.
  • Actividades de ocio con crianzas ou persoas maiores.
  • Clases de baile.
  • Clases de cociña.
  • Facer a compra ou acompañar a facela.
  • Acompañar e/ou coidar a persoas maiores, dependentes ou crianzas.
  • Pequenos arranxos electrónicos.



Para máis información
Concello de A Baña
Coordinadora do Banco de Tempo
Mónica Tomé Rey


Presentación Banco de Tempo

No hay comentarios:

Publicar un comentario